Grupo música tradicional

Desde o IES Lauro Olmo queremos fomentar a nosa cultura e dinamizar o noso centro. Para iso, creamos un grupo de música tradicional onde as pandeiretas,  gaitas,  cunchas e distintos instrumentos serán os protagonistas ademais, por suposto, do noso alumnado e profesorado.

Un espazo onde profes e alumn@s comparten cancións, experiencias e aprenden dunha maneira recíproca. As reunións son no salón de actos os xoves no primeiro lecer o os venres no segundo, todo o mundo é benvid@ e en distintos actos do IES amosamos a todo o  público o froito dos nosos ensaios.


ANÍMATE A PARTICIPAR!