POESÍA & MULLER

Pola Semana do Libro asemade o Día da Muller  organizamos un concurso onde o alumnado tiña que sacarlle unha fotografía a unha muller á que admirasen e asociarlle uns versos que lles gustasen. Despois, seleccionamos varios deses traballos e pendurámolos no corredor da biblioteca.


Moitas desas fotografías son de nais e avoas, cuns versos coma os de Rosalía ou Luís Amado Carballo, homenaxearon ás mulleres importantes e influíntes da súa vida.